DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 29 de xullo de 2025 Páx. 41927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 4 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifican actos administrativos ditados no expediente 2020/157/27.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo, para notificarlle os actos administrativos ditados no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil e demais normas de aplicación, e que figura no dito anexo.

O expediente está á disposición da dita persoa interesada ou da persoa que a represente, debidamente acreditada, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, na ronda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advírteselle que, de non o facer, se considerarán efectuadas as notificacións no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que as notificacións quedarán supeditadas á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselle que o acto de resolución poderá ser impugnado ante o Xulgado de Primeira Instancia desta cidade que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, efectuada por comparecencia, sen necesidade de presentación de reclamación administrativa previa ante a Consellería de Política Social e Igualdade, segundo o artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Así mesmo, advírteselle que desde o día seguinte ao da notificación do acto de comunicación do inicio do trámite de audiencia, efectuada por comparecencia, terá dez (10) días hábiles para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que xulgue procedente.

Lugo, 4 de xullo de 2025

Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo

ANEXO

Nº do expediente: 2020/157/27.

Persoa interesada: Abdelhakim.

Actos administrativos que se notifican:

– Resolución de establecemento urxente de medida administrativa do 16 de outubro de 2024.

– Oficio de comunicación do inicio do trámite de audiencia do 17 de outubro de 2024.