Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar ...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA VIM802-apoio 64-66-4, no concello de Zas (expediente IN407A 2023/292-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 11 de xullo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2023/292-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LMTA VIM802-apoio 64-66-4.
Concello: Zas.
|
Predio |
Lugar |
Ref. catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
Pinal |
15094A506050360000RD |
Matilde Santos Amigo |
30.7.2025 |
