DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 30 de xullo de 2025 Páx. 42040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 14 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 122396 e sete máis).

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias do Departamento Territorial (Tarxeta Sanitaria), sitas na rúa García Barbón, 51, 3ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerará que desisten da súa petición.

Vigo, 14 de xullo de 2025

Natalia Botana Rey
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data de requirimento

122396

AY694265 (representante AV467327 (NIE Y7289758Z)

19.5.2025

123284

186413243

7.5.2025

123314

169811452 (NIE Z0292484K)

7.5.2025

123544

AS518695

7.5.2025

124024

144052961

20.5.2025

124988

A057468

28.5.2025

125268

G2993982

29.5.2025

133927

YC7786048

9.5.2025