DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 30 de xullo de 2025 Páx. 42047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador MON-PO-0060/2024-IO.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na avenida Mª Victoria Moreno, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Pontevedra, 10 de xullo de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto de notificación

MON-PO-0060/2024-IO

77462938L

Resolución