DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 30 de xullo de 2025 Páx. 42052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 14 de xullo de 2025 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición recaída no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/35/2020-RP1.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 5 de marzo de 2025, resolución de recurso potestativo de reposición recaída no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/35/2020-RP1.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución á persoa interesada presidenta da Comunidade de Montes Veciñais de Pontenova, Saleta, Laxa e Batallas, Astureses, San Xilián, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2025

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística