Mediante a Resolución desta dirección xeral, do 27 de decembro de 2022 (DOG núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), realizouse a convocatoria excepcional do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal de investigación.
Mediante a Resolución do 27 de novembro de 2024 (DOG núm. 235, do 5 de decembro), fixéronse públicas as baremacións definitivas e a lista de persoas aspirantes seleccionadas na convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de persoal de investigación.
A base décima da convocatoria do proceso selectivo establece que se publicará, no Diario Oficial de Galicia, a resolución pola que adxudique o destino e se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e a asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.
Ao abeiro da dita resolución, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Declarar finalizada a convocatoria excepcional pola Resolución do 27 de decembro de 2022 do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas seguintes categorías de persoal de investigación:
– Investigador sanitario-subgrupo C1.
– Investigador sanitario-subgrupo A1.
– Investigador non sanitario-subgrupo A1.
Segundo. En cumprimento da base novena da Resolución de convocatoria do 27 de decembro de 2022, excluír a María Dolores Mayan Santos como aspirante definitivamente seleccionada na liña de investigación: Neurociencias, Oncoloxía e Hematoloxía, pertencente á categoría de investigador/a-sanitario-subgrupo A1. Quedan anuladas as súas actuacións e decae en todos os dereitos derivados da súa participación neste proceso.
Declarar deserta a liña de investigación referida, ao non existiren en máis persoas aspirantes.
Terceiro. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na correspondente categoría de persoal investigador, as persoas aspirantes que se inclúen no anexo desta resolución.
Cuarto. Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo.
Quinto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.
De conformidade coa base décima da resolución de convocatoria do proceso, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento no seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.
No entanto, en casos de forza maior, e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.
Sexto. Sen prexuízo da declaración de finalización do proceso selectivo realizado no punto primeiro desta resolución, de conformidade coa base 10.4 da resolución de convocatoria, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionadas, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva con independencia da quenda de acceso. Nomeadamente, chamarase o/a seguinte aspirante nos supostos de:
– Renuncias aos dereitos derivados do proceso selectivo.
– Non reunir os requisitos establecidos na convocatoria para o desempeño da praza.
– Non presentar a documentación requirida.
– Non formular elección de praza en tempo e forma conforme o procedemento establecido.
– Non se producir a toma de posesión na praza adxudicada.
– Ser declarado/a, en situación de excedencia sen dereito a reserva de praza con efectos desde o mesmo día da toma de posesión.
Nos supostos previstos neste punto, non se modificará a elección de praza realizada con carácter previo ao nomeamento e adxudicaráselles ás novas persoas aspirantes as prazas resultantes das ditas situacións.
Sétimo. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar, con carácter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses, contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expediente-e e fose debidamente validada.
Oitavo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO
Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos
Investigador-non sanitario-subgrupo A1
|
DNI |
Apelidos e nome |
Liña de investigación |
Destino |
|
***9491** |
Blanco Verea, Alejandro José |
Xenética das enfermidades cardiovasculares hereditarias asociadas a morte súbita cardíaca |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***6276** |
Redondo Marey, Carmen María |
Epidemioloxía xenética e molecular do cancro. Quimioprevención do cancro: ensaios clínicos. Vitamina D, nutracéuticos, fungos, microbioma |
Área Sanitaria de Vigo |
|
***9324** |
Teijeira Bautista, Susana |
Estudo biomorfolóxico, banco de mostras e biomodelos en enfermidades raras |
Área Sanitaria de Vigo |
Investigador-sanitario-subgrupo A1
|
DNI |
Apelidos e nome |
Liña de investigación |
Destino |
|
***8859** |
Abal Posada, Miguel |
Tumores xinecolóxicos e biopsia líquida |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***7542** |
Agís Balboa, Roberto Carlos |
Enfermidades neuropsiquiátricas (demencia, esquizofrenia, depresión e trastorno por estrés postraumático): mecanismos epixenéticos, aprendizaxe e memoria, neuroxénese, biomarcadores en sangue, dianas terapéuticas e ferramentas bioinformáticas |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***8573** |
Beceiro Casas, Alejandro José |
Estudos de mecanismos de resistencia a antimicrobianos en bacterias Gram-multirresistentes e avaliación de novas alternativas antibióticas |
Área Sanitaria da Coruña e Cee |
|
***2354** |
Brión Martínez, María José |
Xenética cardiovascular: cardiopatías familiares, enfermidades aórticas, cardiotoxicidade, morte súbita cardíaca, farmacoxenética cardiovascular |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***0212** |
Campos Pérez, Francisco |
Ictus translacional e neuroprotección |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***3001** |
Caramés Pérez, Beatriz |
Estudo da autofaxia no envellecemento articular e na artrose: desenvolvemento de terapias dirixidas |
Área Sanitaria da Coruña e Cee |
|
***2480** |
Castelao Fernández, José Esteban |
Epidemioloxía xenética e molecular do cancro. Quimioprevención do cancro: ensaios clínicos. Vitamina D, nutracéuticos, fungos, microbioma |
Área Sanitaria de Vigo |
|
***5397** |
Conde Muro, Carmen |
Mecanismos patoxénicos, biomarcadores e dianas terapéuticas en enfermidades autoinmunes: artrite reumatoide e lupus eritematoso sistémico |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***1137** |
Costas Costas, Javier |
Bases xenéticas de esquizofrenia e doutros trastornos psiquiátricos |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***8697** |
De la Fuente Freire, María |
Nanomedicamentos baseados en nanosistemas lipídicos para tratamento e diagnóstico de cancro e outras enfermidades prevalentes. Deseño de novas terapias dirixidas en oncoloxía |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***2873** |
Domenech García, Nieves |
Insuficiencia cardíaca avanzada e transplante cardíaco |
Área Sanitaria da Coruña e Cee |
|
***3126** |
Fernández Ferreiro, Anxo |
Senescencia celular en fisioloxía e patoloxía |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***4822** |
Fernández García, José Luis |
Infertilidade: fragmentación do ADN dos espermatozoides |
Área Sanitaria da Coruña e Cee |
|
***3834** |
Gómez Vaamonde, Rodolfo |
Estudo e abordaxe farmacolóxico das respostas inmunes innatas articulares e a osificación heterotópica |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***3388** |
González Martínez-Pedrayo, Antonio Luis |
Reumatoloxía experimental e observacional. Autoinmunidade e xenética |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***3960** |
Gualillo, Oreste |
Interaccións neuroendócrinas en enfermidades reumáticas e inflamatorias |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***8531** |
Lago Paz, María Francisca |
Regulación da homeostase enerxética e da viabilidade e o metabolismo cardiomiocitario por parte de adipoquinas e de fármacos utilizados en medicina cardiovascular |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***2960** |
López Armada, María José |
Estudo da disfunción mitocondrial e da dieta na inflamación asociada a patoloxías articulares e diálise peritoneal |
Área Sanitaria da Coruña e Cee |
|
***3109** |
Pardo Montero, Juan |
Dosimetría de radiacións e modelos biomatemáticos de doses/resposta en radioterapia |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***0942** |
Pardo Pérez, María |
Novas vías de comunicación do tecido adiposo na fisiopatoloxía e terapias da obesidade: identificación de biomarcadores circulantes e mecanismos endócrinos mediados por vesículas extracelulares |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***4991** |
Pazos Randulfe, Yolanda |
Sistemas ligando-receptor endóxenos determinantes nas patoloxías asociadas a procesos proliferativos e reparadores |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***5363** |
Pérez Camiña, Jesús |
Dianas terapéuticas para o tratamento de patoloxías do músculo esquelético relacionadas coa rexeneración e atrofia muscular |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***5430** |
Poveda López, Eva |
Infección por VIH e SARS-CoV-2: epidemioloxía molecular/resistencias, factores de evolución e resposta a tratamento, inflamación e vesículas extracelulares |
Área Sanitaria de Vigo |
|
***2563** |
Rego Pérez, José Ignacio |
Estudo xenética mitocondrial en enfermidades reumáticas, especialmente a artrose e artrite reumatoides |
Área Sanitaria da Coruña e Cee |
|
***9262** |
Ruiz Romero, Cristina |
Aplicación de estratexias proteómicas para o descubrimento de biomarcadores en artrose e artrite reumatoides |
Área Sanitaria da Coruña e Cee |
|
***9020** |
Seoane Camino, Luisa María |
Bases neuroendócrinas das accións das hormonas gastrointestinais sobre a homeostase enerxética: implicación na fisiopatoloxía da obesidade e metabolismo |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***7098** |
Sobrino Moreiras, Tomás |
Biomarcadores, teragnóstica e terapias avanzadas en enfermidades neurolóxicas asociadas ao envellecemento |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
|
***4555** |
Tomás Carmona, María del Mar |
Estudos moleculares de mecanismos de tolerancias, persistencias e resistencias aos antibióticos. Innovación en técnicas diagnósticas ultrarrápidas de enfermidades infecciosas. Fagoterapia e enzimas derivadas |
Área Sanitaria da Coruña e Cee |
Investigador-sanitario-subgrupo C1
|
DNI |
Apelidos e nome |
Liña de investigación |
Destino |
|
***6609** |
Miranda Ponte, Sara |
Epidemioloxía xenética e molecular do cancro. Quimioprevención do cancro: ensaios clínicos. Vitamina D, nutracéuticos, fungos, microbioma |
Área Sanitaria de Vigo |
|
***5233** |
Picado Barreiro, Marta |
Xestión e manexo de microscopia confocal |
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza |
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
