DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 31 de xullo de 2025 Páx. 42185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 14 de xullo de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Erbedeira no concello de Coristanco (ampliación do monte veciñal en man común Río do Sol).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, con data do 21.5.2025, acordou iniciar o expediente de declaración do monte de referencia como veciñal en man común. O monte ten as seguintes características:

Expediente núm. 438.

– Monte: Erbedeira.

– Concello: Coristanco.

– Superficie: 14,69 ha.

Límites:

– O monte veciñal atópase perfectamente delimitado polos seus ventos.

– Norte, sur e oeste e diferenciado das propiedades privadas. As súas estremas son:

• Norte, camiño de Cereixa a Amboade (antigo muro ou valado).

• Sur, parcelas particulares con muro no medio.

• Leste, parcelas particulares con muro no medio.

• Oeste, río ou regacho de Ponche que tamén separa de máis parcelas particulares.

A parcela solicitada correspóndese coa superficie referencia catastral 15029A059003550000DB que consta a nome da titularidade do concello.

Segundo o certificado do Rexistro da Propiedade de Carballo do 3 de xullo de 2025 o predio non figura inscrito no Rexistro da Propiedade.

Por medio deste edicto e conforme o disposto no artigo 11 da Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e o artigo 23 do seu Regulamento 260/1992, do 4 de setembro, faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no devandito expediente.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados e indícaselles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Poderán consultar o antedito expediente no Departamento Territorial da Coruña da Consellería do Medio Rural, Vicente Ferrer, 2, 6º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.

As alegacións dirixiranse ao Servizo de Montes do Departamento Territorial da Coruña da Consellería do Medio Rural e poderanse presentar en calquera rexistro público ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

A Coruña, 14 de xullo de 2025

Mª Lourdes Vidal Castro
Instrutora