DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 31 de xullo de 2025 Páx. 42138

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspectores e inspectoras de consumo, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 22 de xullo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de abril de 2025 (DOG núm. 85, do 6 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspectores e inspectoras de consumo, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 15 de setembro de 2025, ás 15.00 horas, no seminario A da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (Fontiñas).

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de teléfonos móbiles.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2025

Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal