Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, tentada a notificación das resolucións ditadas no procedemento no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, na rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán efectuadas as notificacións no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Vigo, 11 de xullo de 2025
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO I
|
Procedemento BS650A |
||
|
Núm. expte. |
Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada |
Resolución e data |
|
36/000293-I/25 |
35984711S |
Denegación 4.6.2025 |
ANEXO II
|
Procedemento BS650G |
||
|
Núm. expte. |
Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar |
Resolución e data |
|
36/00689-X/18 |
54229331T |
Modificación 28.5.2025 |
|
36/00909-X/18 |
X5367659B |
Extinción 27.5.2025 |
|
36/00062-X/25 |
15929401S |
Desistencia e arquivamento 5.6.2025 |
