DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 31 de xullo de 2025 Páx. 42174

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 16 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2023/425-1, no concello de Sada.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Renovación de instalación por fin da vida útil do apoio AKFSW2S//15C485-9 (LAMT SAD713 Vilar, 13), no concello de Sada (expediente IN407A 2023/425-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 16 de xullo de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/425-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Renovación de instalación por fin da vida útil do apoio AKFSW2S//15C485-9 (LAMT SAD713 Vilar, 13).

Concello: Sada.

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

1

Vilar

15076A014001560000EO

Herdeiros de María Sagrado Pazos (María Elena García Pazos)

7.10.2025

12.15