DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 31 de xullo de 2025 Páx. 42176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 17 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de requirimento das follas de valoración por un expediente de expropiación, no concello de Teo (expediente IN407A 2010/268-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar ...», mediante o presente anuncio infórmase do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 KV DC Lousame-Tivo, no concello de Teo (expediente IN407A 2010/268-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 17 de xullo de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2010/268-1.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 KV DC Lousame-Tivo.

Concello: Teo.

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade proposta

122-37

Estivada Negra

Polígono: 105

Parcela: 1155

Manuel Goldar Tourís