DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 31 de xullo de 2025 Páx. 42200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de xullo de 2025, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Mañón (expediente DH.V15.106769).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Ferroglobe Cuarzos Industriales Mining, S.A.

NIF: A15016314.

Expediente: DH.V15.106769.

Lugar: concesión de explotación Sonia núm. 5644.

Parroquia: Mogor.

Concello: Mañón.

Tipo de vertedura 1: augas residuais industriais de escorrega depuradas.

Caudal máximo anual 1: 178.684,90 m3/ano.

Punto de vertedura 1: X=603.604; Y=4.845.536.

Medio receptor 1: leito innominado (bacía da ría de Santa Marta de Ortigueira).

Tratamento/evacuación 1:

As augas residuais industriais de escorrega xeradas na maior parte da explotación (bacías 1, 2, 3, 5, 6 e 7) recóllense no fondo do oco de explotación, que actúa como balsa, desde o que se verten, logo de pasar por un tanque de control e corrección de pH por dosificación de calea, para acabar incorporándose a un leito innominado.

Tipo de vertedura 2: augas residuais industriais de escorrega depuradas.

Caudal máximo anual 2: 20.504,92 m3/ano.

Punto de vertedura 2: X=604.491; Y=4.843.882.

Medio receptor 2: leito innominado (bacía da ría de Santa Marta de Ortigueira).

Tratamento/evacuación 2:

As augas residuais industriais de escorrega xeradas na bacía núm. 4, localizada ao sur da explotación, condúcense a unha balsa de decantación con posibilidade de dosificar manualmente calea para a corrección de pH, cuxo efluente se verte á rede de drenaxe da rede viaria, pola que discorre ata acabar incorporándose a un leito innominado.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2025

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras