De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma efectuar as notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo para proceder á notificación dos actos administrativos de citación.
Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican as ditas persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que, de non atender o establecido no acto de citación unha vez efectuada a súa notificación por comparecencia ou logo do seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable ás persoas interesadas e acordarase o arquivamento das actuacións logo das resolucións que serán notificadas ás ditas persoas interesadas.
A Coruña, 9 de xullo de 2025
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Procedemento BS210A expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
2022/5968-1 |
47439132E |
Citación para o recoñecemento |
17.6.2025 |
|
2024/8316-1 |
79330770K |
Citación para o recoñecemento |
17.6.2025 |
|
2024/12363-1 |
32687165W |
Citación para o recoñecemento |
30.5.2025 |
