DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 1 de agosto de 2025 Páx. 42277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 16 xullo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, de convocatoria de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Becerreá (expediente IN407A 2023/64-2).

Para cumprir o disposto no artigo 44 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a convocatoria de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación que se sinala no cadro anexo.

Lugo, 16 de xullo de 2025

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/64-2.

Denominación: adecuación CT Lago-27C953 (Becerreá), no concello de Becerreá.

Concello

Predio

Titular proposto

Data de actas

Hora

Becerreá

1, 2

Monte Veciñal Tras do Teso

9.10.2025

10.00