DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 1 de agosto de 2025 Páx. 42256

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2025 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Dereito do Traballo e da Seguridade Social.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante a Resolución do 15 de maio de 2025 (BOE do 26 de maio) para a provisión da praza número 25/008 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Departamento de Dereito Público desta universidade, a favor de María Asunción López Arranz, con DNI ***2631**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria,

Este reitorado, en uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Asunción López Arranz profesora titular de universidade da área de coñecemento de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Departamento de Dereito Público desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpor un recurso de reposición ante este reitorado no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 24 de xullo de 2025

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado