DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 1 de agosto de 2025 Páx. 42306

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO polo que se somete a información pública o convenio urbanístico asinado co Consorcio da Zona Franca de Vigo para executar a fase II do polígono industrial da Pasaxe.

En cumprimento do disposto no artigo 168.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público que o 21 de xullo de 2025 foi subscrito un convenio urbanístico entre o Concello de Gondomar e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, co obxecto de establecer as bases de colaboración para o desenvolvemento e execución da fase II do proxecto sectorial do polígono industrial da Pasaxe, aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 15 de setembro de 2016.

O ámbito de actuación abrangue unha superficie de 388.054,84 m² e executarase mediante o sistema de actuación por expropiación, e o Consorcio da Zona Franca de Vigo será o beneficiario. O convenio recolle, entre outros aspectos, a redacción dos proxectos de urbanización e expropiación, as bases dos acordos de exclusión para os titulares interesados en manter a súa actividade e as condicións económico-financeiras que condicionan a súa viabilidade.

De acordo co previsto no artigo 168 da devandita Lei 2/2016, o convenio permanecerá exposto ao público durante o prazo dun mes contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas do Concello de Gondomar (praza Dr. Latino Salgueiro, 1), en horario de atención ao público, así como na súa sede electrónica, co fin de que se poidan formular as alegacións ou observacións que se consideren oportunas.

Gondomar, 22 de xullo de 2025

Paco Ferreira González
Alcalde