DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 1 de agosto de 2025 Páx. 42287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de xullo de 2025 polo que se notifica o requirimento realizado no procedemento de reposición derivado do expediente sancionador DH.D36.10443.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa titular do NIF 35281315M o requirimento do 3 de abril de 2025, realizado no procedemento de reposición derivado do expediente sancionador DH.D36.10443.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar unha cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícase que dispón do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, para cumprir a obriga de repor establecida na resolución ditada no expediente sancionador DH.D36.10443, e na resolución ditada no expediente de autorización de obras DH.W36.11584, nos termos indicados no informe técnico do 3 de febreiro de 2025.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2025

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia