DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 4 de agosto de 2025 Páx. 42522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 17 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica situada no concello de Bande (expediente IN407A 2025/18-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas ao acto de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Soterramento da LMT CCH802 no tramo entre os apoios núms. 128 e 135, na casa do concello de Bande, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 17 de xullo de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2025/18-3.

Instalación: soterramento da LMT CCH802 no tramo entre os apoios núms. 128 e 135.

Concello: Bande.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Outeiro

32007A007000020000XI

Descoñecido

Casa do concello de Bande

3.9.2025

12.10

2

Labaza

32007B501000960000GG

Descoñecido

Casa do concello de Bande

3.9.2025

12.15