De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 22 de xullo de 2025 do proxecto dun campamento de turismo no lugar do Ribeiro, no concello de Boimorto (A Coruña), promovido por Marcos Fernández Freire.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
