Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Regulamentación LMTA FRI802 entre os apoios ALN1NN3H e ALKM4ETJ.
Situación: A Cañiza.
Características técnicas:
Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 409,10 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado 1 (tipo C-12/1000) na LMTA FRI802, situado na parcela con referencia catastral 36009A018000030000ZX, e final no apoio proxectado 5 (tipo C-16/2000), que substitúe ao apoio ALKM4ETJ//ALKM4ETJ da LMTA FRI802, situado na parcela con referencia catastral 36009A008001720000ZI.
Retensado de tres vans de condutor LAC-28: do apoio proxectado 1 ao apoio existente ALN1NN3H//ALN1NN3H (110 metros); do apoio proxectado 3 (tipo C-14/2000), que substitúe o apoio ALKQL2XS//ALKQL2XS, ata o apoio existente ALIS0NCI (86,80 metros) e do apoio proxectado 5 ao apoio existente ALJ4GUHA//ALJ4GUHA da LMTA FRI802 (260,90 metros).
LMTA a 20 kV, con condutor LA-56, de 30 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado 5 e final no apoio existente ALL0SWOV//ALL0SWOV da LMTA FRI802, situados na parcela con referencia catastral 36009A008001720000ZI.
As instalacións están situadas nos lugares de Senande e A Aldeíña, na parroquia de Petán, no concello da Cañiza (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 8 de xullo de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Núm. expediente: IN407A 2024/277-4.
Denominación: Regulamentación LMTA FRI802 entre os apoios ALN1NN3H e ALKM4ETJ.
Concello: A Cañiza.
|
Núm. |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
Afeccións |
||
|
Núm. |
m2 |
ml aér. |
m2 aér. |
|||||
|
1 |
Senande Petán |
Rústico |
36009A018000050000ZJ |
Comunidade de veciños de Petán |
37,00 |
|||
|
2 |
Senande Petán |
Rústico |
36009A018000030000ZX |
Hrdos. Tomás Riveiro Alén |
1 |
2,00 |
44,40 |
706,00 |
|
4 |
Senande Petán |
Rústico |
36009A018000010000ZR |
Comunidade de veciños de Petán |
443,00 |
|||
|
5 |
Senande Petán |
Rústico |
36009A017003400000ZF |
Víctor Cazapal González (herdeiro) |
23,00 |
|||
|
7 |
Senande Petán |
Rústico |
36009A017003380000ZM |
Víctor Cazapal González (herdeiro) |
7,50 |
95,00 |
||
|
10 |
Senande Petán |
Rústico |
36009A017003340000ZP |
Comunidade de veciños de Petán |
3 |
2,00 |
65,80 |
1.163,00 |
|
11 |
Senande Petán |
Rústico |
36009A008002400000ZS |
Comunidade de veciños de Petán |
18,70 |
329,00 |
||
|
13 |
Aldeíña Petán |
Rústico |
36009A008001710000ZX |
Hrdos. María Domínguez Alén |
4 |
2,00 |
9,70 |
156,00 |
