DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 7 de agosto de 2025 Páx. 42945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 21 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o requirimento de documentación no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PR A 754).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen poder efectuala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que, no prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

No caso de non facelo, teráselles por desistidos da súa solicitude, que se arquivará despois do ditado da correspondente resolución.

O expediente relacionado está á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Pontevedra, 21 de xullo de 2025

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

PR A 754

39467746E

PR A 754

39469305V