DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 7 de agosto de 2025 Páx. 42948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 14 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS618D (expediente 27022000224 e vinte e un máis).

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nos seus artigos 44 e 46 e no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para notificarlles os actos administrativos ditados nos procedementos instados por elas, ao seren devoltas polo servizo de Correos por non poderse efectuar por causas non imputables á Administración.

No prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representadas, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, na rolda da Muralla, nº 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro dos actos administrativos que se notifican e do expediente administrativo. Advírteselles que, de non o faceren así, considerarase efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Así mesmo, advírteselles que contra as referidas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer o recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, no prazo de un (1) mes desde o día seguinte ao da súa notificación efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 14 de xullo de 2025

O director territorial de Lugo
P.S. (Artigo 35.2.1.e); Decreto 139/2024, do 20 de maio)
Sandra María Colmerares Díaz
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente

Persoa interesada

BS618D27022000224

33348609N

Desistencia 5.3.2025

BS618D27015000125

KY7959663

Denegación 11.4.2025

BS618D27037000125

AY794704

Denegación 11.4.2025

BS618D27006000324

Z1663423E

Revogación 20.2.2025

BS618D27028023624

X9329094H

Desistencia 5.3.2025

BS618D27028023024

AZ027341

Desistencia 25.2.2025

BS618D27028002925

33310093K

Denegación 5.5.2025

BS618D27031013624

Z2538404Z

Denegación 11.4.2025

BS618D27046000125

LD0562190

Desistencia 25.2.2025

BS618D27031009324

34354079Z

Desistencia 7.1.2025

BS618D27031011824

AR190597

Desistencia 25.2.2025

BS618D27031002225

193267530

Imposibilidade sobrevida e arquivamento 11.4.2025

BS618D27028019624

Y8742625V

Revogación 20.2.2025

BS618D27031012124

BD246066

Desistencia 24.3.2025

BS618D27902000125

49835715M

Desistencia 24.3.2025

BS618D27060000424

Z0505469A

Revogación 20.2.2025

BS618D27031012724

AW586067

Concesión 21.4.2025

BS628D27031012724

AW586067

Revogación 6.5.2025

BS618D27031001525

71532530T

Denegación 24.3.2025

BS618D27063000125

EG1902860

Desistencia 11.4.2025

BS618D27031010824

X7195922G

Denegación 30.1.2025

BS618D27032000224

14878065D

Denegación 7.11.2024