Polo Acordo da Xunta de Goberno local, do día 9 de xullo de 2025, aprobouse inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a ampliación do cemiterio parroquial de San Xoán de Anceis-Cambre, redactado pola entidade Alfonso Botana, S.L., o que se fai público para xeral coñecemento.
Este instrumento de planeamento sométese a información pública durante o prazo de dous meses mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do solo de Galicia.
Durante o citado prazo, contado a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderanse presentar as alegacións ou observacións que se consideren pertinentes.
O expediente poderá ser consultado nas oficinas da Área de Urbanismo deste Concello.
Asimesmo, a documentación poderá ser consultada a través do taboleiro electrónico de anuncios e no portal de transparencia municipais.
Cambre, 1 de agosto de 2025
Diana Piñeiro Fernández
Alcaldesa
