En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:
Solicitante: Comuca, S.L.
NIF: B-15252604.
Expediente: DH.V15.108973.
Lugar: polígono do Tambre.
Parroquia: San Caetano.
Concello: Santiago de Compostela.
Tipo de vertedura: augas residuais industriais de escorremento depuradas.
Caudal máximo anual: 2.625,31 m3/ano.
Punto de vertedura: X=539.101; Y=4.751.581.
Medio receptor: Rego Paradela (bacía do río Tambre).
Tratamento/evacuación:
As augas residuais industriais de escorremento xeradas nas instalacións son tratadas nun desareador e nunha balsa de decantación antes da súa vertedura á cuneta do camiño existente na parte traseira das naves do polígono, pola que discorren ata a súa incorporación ao rego Paradela.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2025
Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras
