DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 8 de agosto de 2025 Páx. 43441

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica de comunicación as persoas titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezarán a contar o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento procederan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio do taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de San Cibrao das Viñas (Área de Medio Ambiente), situadas na praza da Constitución, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. expediente

Referencia catastral

Localización

Interesado/a

1203/2025

32076A021001780000UY

Muíños

Purificación Camba Cid

1135/2025

32076A001002860000UY

A Farixa

En investigación

1135/2025

32076A002002150000UI

A Farixa

Manuel Rodríguez Pérez

1165/2025

32076A501013670000YD

A Serra - Soutopenedo

José Luis Dorrego Canal

San Cibrao das Viñas, 17 de xullo de 2025

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa