DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 11 de agosto de 2025 Páx. 43724

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de notificación no procedemento da orde de execución da xestión da biomasa vexetal para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

De acordo co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, cando se ignore o lugar de notificación ou cando, intentada esta, non se poida efectuar a notificación, esta farase mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial del Estado e no taboleiro de anuncios do concello, e conterá os datos catastrais da parcela.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Negociado de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, sito na praza de Armas, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os interesados poderán formular as alegacións que consideren oportunas no prazo de dez (10) días hábiles.

As persoas responsables dispoñen dun prazo de quince (15) días naturais para a realización dos traballos de xestión da biomasa nas parcelas indicadas.

Contra esta resolución de inicio de expediente por tratarse dun acto de trámite non cabe interposición de recurso. Non obstante, poderán utilizar os que xulguen convenientes.

Ferrol, 17 de xullo de 2025

O alcalde
P.D. (Acordo do 11.12.2023; BOP número 241, do 20 de decembro)
José Tomé López
Concelleiro delegado da Área de Medio Ambiente, Zona Rural, Servizos e Obras

ANEXO

Número de expediente

Ref. catastral

Acto notificado

Interesado/DNI

INC 4/2025/142
20250283383

15037A02400407

Resolución do 15.7.2025

Manuel Núñez Sanesteban

INC 6/2025/1429
2025028388

15037A02400409

Resolución do 15.7.2025

Juan Martínez Castelo (herederos)

INC 2/2025/1429
2025028381

15037A02400395

Resolución do 14.7.2025

Ricardo Recaredo S-S

INC 1/2025/1429
2025028380

15037A02400414

Resolución do 14.7.2025

Domingo Pérez Campaño