DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 11 de agosto de 2025 Páx. 43720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de maio de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Sanxenxo (expediente DH.A36.106128).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Domínguez Méndez, Lino.

Expediente: DH.A36.106128.

Volume total anual: 1.250,00 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,7 l/s.

Destino: rega.

Orixe: manancial na parcela 298, polígono 33 do catastro de Sanxenxo.

Lugar: Piñeiros.

Parroquia: Vilalonga.

Concello: Sanxenxo.

Descrición:

A auga do manancial cáptase en arqueta de aros de formigón e bombéase para distribuíla polas parcelas 141, 142 e 298 do polígono 33 e parcela 56 do polígono 32 para rega destas.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 8 de maio de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur