De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), se ben a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte á publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Lugo, 24 de xullo de 2025
Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: SAN-LU-0036/2025-BA.
CIF/NIF da persoa interesada: 33302862N.
Acto notificado: resolución.
