DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 12 de agosto de 2025 Páx. 44016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 24 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0154/2025-PPM e dez máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0154/2025-PPM e dez máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. A estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 24 de xullo de 2025

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0154/2025-PPM

32940874K

Inicio

Lugar O Portiño, 2, baixo, A Coruña

PSC-FE-0155/2025-PPM

54154425M

Inicio

Lugar O Portiño, 28 C, A Coruña

PSC-FE-0158/2025-PPM

33555303M

Inicio

Lugar O Portiño, 39, A Coruña

PSC-FE-0160/2025-PPM

54151258N

Inicio

O Portiño, 10, 1º D, A Coruña

PSC-FE-0161/2025-PPM

58022478X

Inicio

Lugar O Portiño, bl. 2, 1º esqda., A Coruña

PSC-FE-0162/2025-PPM

76778104X

Inicio

Rúa San, 72, Abanqueiro, Boiro

PSC-FE-0166/2025-PPM

48113326V

Inicio

Rúa Os Malatos, nº 14, 2º, Muxía

PSC-FE-0169/2025-PPM

33282442Q

Inicio

Rúa Costadal, 29, Escarabote, Lampón, Boiro

PSC-FE-0170/2025-V

32709971S

Inicio

Rúa Narón, 5, 1º esqda., Recimil, Ferrol

PSC-FE-0172/2025-PPM

32723056J

Inicio

Rúa Mugardos, nº 4, 2º esqda., Ferrol

PSC-FE-0173/2025-PPM

X5643292N

Inicio

Rúa Dereitos Humanos, 12, 3º dta., Boiro