De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a corrección de erros, do 31 de xullo de 2025, da declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, o 28 de maio de 2025, do proxecto de planta de produción de biometano e fertilizantes no concello de Curtis (A Coruña), promovido por Bioetanol Galicia, S.A.
A dita declaración e a súa corrección poderanse consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
