DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 13 de agosto de 2025 Páx. 44228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 25 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade da resolución de modificación non substancial, da revisión para a súa adaptación ao Real decreto 646/2020 e á Lei 7/2022 e do texto refundido da autorización ambiental integrada outorgada a Naturgy Generación Térmica, S.L.U. para o vertedoiro de residuos non perigosos nas Encrobas, no concello de Cerceda (expedientes 2020-IPPC-M-138 e 2022-IPPC-M-120).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE número 316, do 31 de decembro), dáse publicidade da seguinte resolución:

Instalación: vertedoiro de residuos non perigosos nas Encrobas

Procedemento: modificación non substancial, revisión para a súa adaptación ao Real decreto 646/2020 e á Lei 7/2022 e texto refundido da autorización ambiental integrada

Titular: Naturgy Generación Térmica, S.L.U.

Número de rexistro AAI: 2007/0302_AIA/IPPC_210

Localización: concello de Cerceda (A Coruña)

Expedientes: 2020-IPPC-M-138 e 2022-IPPC-M-120

Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade