DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 13 de agosto de 2025 Páx. 44261

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO da aprobación da modificación parcial da oferta de emprego público ordinaria de 2024 (expediente 2024/E003/000001).

Pola Resolución da Alcaldía Presidencia núm. 638/2025, do 16 de xullo, adoptouse o acordo que a seguir se transcribe na súa parte dispositiva:

«Primeiro. Aprobar a modificación parcial da oferta ordinaria de emprego público de persoal do Concello de Bergondo para o ano 2024, acceso libre, aprobada pola Resolución da Alcaldía núm. 368/2024, do 22 de marzo de 2024, publicada no BOP núm. 63, do 1 de abril de 2024, e no DOG núm. 67, do 5 de abril de 2024, para a súa adaptación á actual redacción da relación de postos de traballo e do cadro de persoal, co seguinte contido:

Persoal funcionario:

Código relación de postos de traballo

Denominación

Escala

Grupo

07.01.00.01

Técnico de cultura e deportes

Administración especial

A2

Segundo. Que se publique no taboleiro de anuncios da sede electrónica da Corporación, no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia».

Bergondo, 16 de xullo de 2025

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa