DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 13 de agosto de 2025 Páx. 44267

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle para a reordenación de volumes nunha parcela sita na rúa Santa Lucía, número 14.

O Pleno, en sesión que tivo lugar o 29 de maio de 2025, acordou:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a reordenación de volumes nunha parcela con referencia catastral 9666118NH1196N, sita na rúa Santa Lucía, número 14, promovido por Espsil, S.L., e redactado polos arquitectos Carlos Berride Abalo e Juan Antonio Villanueva Ruiz.

Segundo. Publicar no prazo dun mes, no Diario Oficial de Galicia, o acordo de aprobación definitiva, de conformidade co disposto no artigo 82.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG).

Terceiro. Publicar, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, o documento que conteña a normativa e as ordenanzas, de conformidade co disposto no artigo 82.3 da LSG.

Cuarto. Remitir o expediente, en soporte dixital, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, de conformidade co sinalado no artigo 88 da LSG.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que crean oportuno.

Vilagarcía de Arousa, 11 de xuño de 2025

Alberto Varela Paz
Alcalde