DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 13 de agosto de 2025 Páx. 44250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de xullo de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se somete a información pública o expediente de extinción por termo do prazo dunha concesión (expediente DH.A36.6517).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar o expediente de extinción por transcurso do prazo da seguinte concesión:

Titular: Comunidade de Usuarios A Rúa.

Volume total anual: 4.100 m3.

Orixe: un manancial.

Destino: uso doméstico e pecuario.

Lugar: A Rúa.

Parroquia: Meavía (San Xoán).

Concello: Forcarei (Pontevedra).

Causa da extinción: extinción polo transcurso do prazo.

Servidumes: non se coñecen.

Iniciación: de oficio.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións