Coa finalidade de dar cumprimento ao disposto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia, publícase no Diario Oficial de Galicia o contido mínimo da seguinte resolución:
Resolución do 31 de xullo de 2025 da encomenda de xestión a Tragsatec para o desenvolvemento do produto turístico de natureza da gran ruta da RBTGX no marco do proxecto 0293_Geres_Xures_mais_sustentavel_1_p, cofinanciado polo Feder nun 75 % no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP 2021-2027).
– Actividade: a encomenda comprende a realización dos traballos conducentes ao desenvolvemento do produto turístico de natureza da gran ruta da reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX) no marco do proxecto POCTEP 0290 Gêres Xurés mais sustentavel_1_P -en relación coa parte galega-: traballo de campo, catalogación e inventario de recursos (contidos que alimentarán a plataforma da actividade 2) como consecuencia da participación da Xunta de Galicia no anterior 0220_Gêres_Xurés_dinamico_1_E, cofinanciado polo Feder nun 75 % no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP 2014-2020), concretando esa participación na actividade 1 (Construíndo unha RBTGX máis sustentable: produtos turísticos socialmente máis relevantes).
– Natureza e alcance da xestión: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de execución: a encomenda de xestión comprende desde o día seguinte ao da recepción da dita encomenda ata o 15 de outubro de 2025.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2025
José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia
