Marcos González Marta, como representante da Comunidade de Usuarios de Augas de Castelo, convoca a asemblea xeral que terá lugar o 12 de setembro de 2025, ás 19.00 horas en primeira convocatoria e ás 19.30 horas en segunda convocatoria, no centro social da aldea de Folgueira. A orde do día é a seguinte:
1. Relación e inventario de usuarios e análise para a constitución da comunidade.
2. Nomeamento de membros para a constitución da Xunta Directiva e do Xurado.
3. Tramitación da solicitude do CIF na Axencia Tributaria.
4. Posta en servizo e redacción de estatutos.
5. Outros puntos de interese.
6. Rogos e preguntas.
Folgueira, 23 de xullo de 2025
Marcos González Marta
Representante da Comunidade de Usuarios de Augas de Castelo
