En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:
Solicitante: María Teresa Fraguas Barreiro.
NIF: ***5409**.
Expediente: DH.V36.110201.
Lugar: Calvelo.
Parroquia: Tenorio.
Concello: Cerdedo-Cotobade.
Tipo de vertedura 1: augas residuais domésticas e fecais depuradas.
Caudal máximo anual 1: 490,56 m3/ano.
Punto de vertedura 1: X=535.201; Y=4.700.247.
Medio receptor 1: infiltración no terreo (conca do río Lérez).
Tratamento/evacuación 1:
As augas residuais domésticas xeradas nas vivendas e as augas residuais fecais xeradas no taller e no local comercial son tratadas mediante un separador de graxas e depuradora compacta de lodos activos con funcionamento secuencial deseñada para 12 habitantes equivalentes, antes da súa vertedura por infiltración no terreo mediante dous pozos filtrantes en serie seguidos dun sistema de 7 gabias filtrantes en paralelo.
Tipo de vertedura 2: augas residuais industriais depuradas.
Caudal máximo anual 2: 87,6 m3/ano.
Punto de vertedura 2: X=535.201; Y=4.700.247.
Medio receptor 2: infiltración no terreo (conca do río Lérez).
Tratamento/evacuación 2:
As augas residuais industriais xeradas no taller son tratadas mediante un areeiro e separador de hidrocarburos de clase I de 3 L/s, antes da súa vertedura por infiltración no terreo, conxuntamente coas augas residuais domésticas e fecais depuradas.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2025
Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras
