DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 18 de agosto de 2025 Páx. 44630

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 4 de agosto de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia resulta da necesidade de dar cumprimento ás obrigas derivadas dos distintos procesos de estabilización e de redución da temporalidade no emprego público.

O importe dos complementos específicos non inclúe o incremento retributivo publicado o 2 de xullo de 2025 pola Orde PJC/681/2025, do 1 de xullo, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 1 de xullo de 2025 polo que se aproba o incremento do 0,5 por cento das retribucións do persoal ao servizo do sector público previsto no artigo 6.2 do Real decreto lei 4/2024, do 26 de xuño, polo que se prorrogan determinadas medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo e se adoptan medidas urxentes en materia fiscal, enerxética e social.

En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 4 de agosto de 2025, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 4 de agosto de 2025, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

missing image file
missing image file