Expediente: IN407A 2024/046-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: Ampliación de potencia CT Laxes (15AZ16).
Concello: Ribeira.
Feitos:
1. O día 5.2.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de ampliar a potencia do CT para atender o aumento de demanda na zona.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada presentan o proxecto de execución denominado Ampliación de potencia CT Laxes (15AZ16), asinado o día 8.1.2024 por Victoriano Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo; e o anexo 1, asinado polo mesmo enxeñeiro o 5.7.2024.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 19.7.2024.
• BOP: 27.6.2024.
• Xornal La Voz de Galicia: 22.7.2024.
• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 25.9.2024.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Ribeira e Augas de Galicia. No día desta resolución, non constan no expediente respostas ás solicitudes de informe.
5. O día 21.7.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas.
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Carreira, no concello de Ribeira, e as súas características técnicas son as seguintes:
Ampliación de potencia do CT Laxes (15AZ16) de 50 a 100 kVA, con relación de transformación 20/0,4 kV, tipo intemperie e alimentado pola liña media tensión aérea PMR-806 a 20 kV. O novo transformador proxectado instalarase nun novo apoio de tipo C-2000/12.
O proxecto tamén prevé a substitución do condutor existente LAC-28 por LA-56, nun tramo de 39 m, da LAT de 20 kV pertencente á PMR-806, que alimenta o CT. Así mesmo está prevista a substitución do XS existente no apoio anterior ao do CT.
4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 22 de xullo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Expediente: IN407A 2024/046-1.
Concello: Ribeira.
|
Nº de parcela |
Lugar Ref. catastral |
Cultivo |
Titular |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Espiñal 15074A921004740000UT |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío secaño |
Alejandra Folgar Saíñas |
5.3 |
75.0 |
||||
|
2 |
Espiñal 15074A921004700000UG |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío secaño |
Herdeiros de José Ayaso Saiñas |
83.0 |
|||||
Abreviacións:
|
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais. |
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais. |
|
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2. |
m2 sot.: superficie de servidume soterrada. |
