DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 18 de agosto de 2025 Páx. 44914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de xullo de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello da Laracha (expediente DH.W15.108543).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Vanesa Piñeiro Ferreira.

DNI: ***0163**.

Expediente: DH.W15.108543.

Lugar: Cercido.

Parroquia: Erboedo (Santa María).

Concello: A Laracha (A Coruña).

Descrición das actuacións:

Construción de peche nas parcelas 9870513NH3897S0001KQ, 9870512NH3897S0001OQ e 9870515NH3897S0001DQ.

A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer 2, 9º andar, 15008 A Coruña.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 15 de xullo de 2025

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte