DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 18 de agosto de 2025 Páx. 44920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de xullo de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se somete a información pública o expediente de extinción por termo do prazo dunha concesión (expediente DH.A15.13038).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar o expediente de extinción por transcurso do prazo da seguinte concesión:

Titular: Encarnación Casal Varela.

Volume total anual: 6.591 m3.

Orixe: regato en San Félix de Afora.

Destino: rega de 4.174 m2.

Lugar: A Granxa.

Parroquia: San Lázaro (Santiago).

Concello: Santiago de Compostela (A Coruña).

Causa da extinción: extinción polo transcurso do prazo.

Servidumes: non se coñecen.

Iniciación: de oficio.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións