DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 19 de agosto de 2025 Páx. 45144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 29 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se lles notifica ás persoas solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2025/2435-2 e nove máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no TEU do BOE. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

Lugo, 29 de xullo de 2025

Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/pasaporte

PR204A 2025/2435-2

33339072C

PR204A 2025/2729-2

53500034X

PR204A 2025/2867-2

33339072C

PR204A 2025/2964-2

34271248Y

PR204A 2025/3115-2

44826995H

PR204A 2025/3221-2

51987248A

PR204A 2025/3249-2

76548853X

PR204A 2025/3270-2

Y9373716B

PR204A 2025/3368-2

39969025Q

PR204A 2025/3492-2

Z2888672S