De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para proceder á notificación da resolución ditada no expediente que se indica no referido anexo instruído, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación.
Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, de Vigo, de luns a venres laborables e das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o día seguinte á notificación da resolución, practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Vigo, 23 de xullo de 2025
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Nº expediente: 2024/36-36.
Persoa interesada: Z1769597M.
Acto que se notifica: resolución administrativa do 11 de xullo de 2023.
Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa.
