DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 19 de agosto de 2025 Páx. 45179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 30 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles comunica o traslado as persoas titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello do Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2024/111-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica Regulamentación LMTA VLL810/VLL825 no treito entre os apoios núms. BDSA6QSF e D54, situada no concello do Pereiro de Aguiar, correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.

O texto íntegro das referidas follas de valoración encóntrase ao dispor das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, para solicitaren a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para compareceren.

Ourense, 30 de xullo de 2025

La directora territorial de Ourense
P.S. (Decreto 140/2024, artículo 40.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2024/111-3.

Instalación: Regulamentación LMTA VLL810/VLL825 no treito entre os apoios números BDSA6QSF e D54.

Concello: O Pereiro de Aguiar.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Nº de predio

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data da acta de ocupación

1

Naranxo

32059A005000710000OL

Descoñecido/a

15.5.2025