No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 182, do 9.8.2025, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a cobertura, como persoal laboral fixo, dunha praza de operario, grupo V, mediante o sistema de concurso-oposición por quenda libre incluída na oferta de emprego público do Concello de Sarria do ano 2024.
De conformidade co disposto nas citadas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da páxina web municipal: https://sarria.sedelectronica.es
Sarria, 11 de agosto de 2025
Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde
