En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Karina Mosquera Villaverde.
DNI: ***1278**.
Expediente: DH.A15.106875.
Volume total anual: 1.570 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,05 l/s.
Destino: rega.
Orixe: manancial.
Lugar: Vilasuso.
Parroquia: Beán (Santa María).
Concello: Ordes.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación dun manancial situado na parcela de referencia catastral 15060R505008890000EW, mediante un pozo de aros prefabricados de formigón de 1,20 m de diámetro e 1,00 m de altura sobre o terreo e 3,00 m baixo o terreo. Do pozo parte unha tubaxe de 16 mm de diámetro ao longo duns 231 m, ata chegar a unha arqueta de 30x30x30 cm, para o seu uso para rega na parcela 15060A508005140000LO.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo (15704) de Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, a contar a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2025
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
