En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar o expediente de extinción por transcurso do prazo da seguinte concesión:
Titular: Andrés Ramos López e Lourdes Ramos Sánchez.
Volume total anual: 442 m3.
Orixe: manancial na parcela número 45 en Chousa Vella.
Destino: uso doméstico.
Lugar: Cumbraos.
Parroquia: Cumbraos (Santa María).
Concello: Mesía (A Coruña).
Causa da extinción: extinción por transcurso do prazo.
Servidumes: non se coñecen.
Iniciación: de oficio.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2025
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
