O Pleno da corporación municipal do Concello de Moaña, na sesión do día 26 de xuño de 2025, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal de Moaña promovido por Intregal Noroeste 2023, S.L., para unha parcela situada no SUNC do polígono 21 de Vilela, Tirán, Moaña.
O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 191 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.
O expediente estará exposto ao publico polo prazo de dous meses a partir da publicación deste anuncio no DOG e mediante anuncio nun dos xornais de maior difusión na provincia.
As persoas interesadas poderán examinar os documentos sometidos a información pública e presentar as alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas durante o prazo establecido.
A documentación está á súa disposición no Portal de transparencia do Concello de Moaña (indicador 6.1 planeamento urbanístico) e no taboleiro de anuncios, aos cales se accede a través da sede electrónica do Concello de Moaña (https://concellodemoana.sedelectronica.gal/), a partir da data de publicación deste anuncio no DOG, de conformidade co disposto no artigo 7.e) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
O expediente comporta a suspensión, durante un prazo máximo de dous anos, do procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado pola modificación puntual (identificada nos arquivos 36029_MP02PXOM_202505_AI_01PDF e 36029_MP02PXOM_202505_AI_ORDET_01PDF incluídos no expediente) que poidan resultar incompatibles coas determinacións deste nos termos previstos no artigo 47.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia e no artigo 86.2 do Decreto 143/2016.
Moaña, 24 de xullo de 2025
Leticia Santos Paz
Alcaldesa
