Mediante a Resolución do 14 de maio de 2025 (DOG núm. 99, do 26 do maio) convocouse, polo procedemento de avaliación colexiada, a provisión dun posto de xefe/a de Sección de Medicina Interna do Hospital Público da Barbanza pertencente á Área Sanitaria de Santiago de Compostela,
Publicada a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as neste proceso selectivo e, unha vez finalizado o prazo de presentación de reclamacións e/ou emendas, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 101, do 27 de maio), o Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), e a Orde do 22 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 82, do 29 de abril),
RESOLVE:
Primeiro. Elevar a definitiva a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, en que resulta excluída a única aspirante presentada, María Aurora Freire Romero, por non presentar o currículo profesional xunto coa solicitude de participación, como indica a base terceira da resolución da convocatoria.
Segundo. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a de Sección de Medicina Interna do Hospital Público da Barbanza, convocada mediante a Resolución do 14 de maio de 2025 (DOG núm. 99, do 26 de maio).
Terceiro. Declarar deserta a convocatoria, do 14 de maio de 2025, para a provisión dun posto de xefe/a de Sección de Medicina Interna do Hospital Público da Barbanza, de conformidade co establecido na base sétima da convocatoria, por non concorrer ningún/a aspirante que reúna os requisitos exixidos en devandita convocatoria.
Cuarto. Contra esta resolución poderá interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos expostos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común da administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2025
Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
