De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese practicar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado polo director territorial do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
A comparecencia deberá efectuarse, con cita previa, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Unidade de Consumo de Pontevedra, con enderezo na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 1 de agosto de 2025
Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
Interesada |
NIF/CIF |
Acto notificado |
|
36S001/21/2025 |
Grupo Nela Rehabilitacións, S.L. |
B16768442 |
Resolución de expediente sancionador |
|
36S001/22/2025 |
47350352E |
Resolución de expediente sancionador |
|
|
36S001/23/2025 |
Automóviles García e Hijos, S.C. |
J94082179 |
Resolución de expediente sancionador |
|
36S001/24/2025 |
23004591Z |
Resolución de expediente sancionador |
|
|
36S001/26/2025 |
50859455S |
Resolución de expediente sancionador |
|
|
36S001/29/2025 |
Urbanizaciones Valle do Salnés, S.L. |
B36469708 |
Resolución de expediente sancionador |
